
O Demo Game Jam é un proxecto que busca reivindicar o videoxogo como un produto artístico e cultural, máis alá do seu carácter de entretemento.
A través de game jams, obradoiros e actividades formativas, achegamos o mundo do videoxogo á mocidade e aos centros educativos.
Fomentamos o coñecemento da industria, a creación e a experimentación arredor deste medio, cun compromiso co uso e a promoción do software libre.
Ademais, buscamos visibilizar o videoxogo en galego e contribuír ao desenvolvemento dun tecido cultural e creativo arredor del.